blog me tendal

BLOGME TENDAL XCVI: Antiintimidade

Sempre que paso, sempre me quedo prendido nesta trandeira. Sempre me fixo se hai xente antes de parar e antes de fotografar. Vas pola estrada e topas un tendal, hoxe con esta roupa, mañá con outra. Se non paras nunca vas saber que roupa...

BLOGME TENDAL XCV: Todo chica

Veciñas e nada que  ver.Roupa rosa de durmir e azul que parecen camisolas ou mandilóns. A chica ten un estilo claro, sabe como lle gusta vestir,  porque uniformes non son. Teño para min que a esta moza lle gusta estar en casa, chegar, poñerse...

BLOGME TENDAL XCIV: Comer, beber, vestir

Non quero imaxinar lavar isto a man. Isto é lavadora de fin de semana. Toda a roupa, veña! Cando remata unha vai outra, que a lavadora é máquina e só se sofre cando chega a factura da fenosa. Para min que son catro na casa....

BLOGME TENDAL XCIII: Colegueo de camisas

Con esa luz, podería ser un tendal de cine. Tendal de home de libro. (Teño que ver se podo chegar a distinguir as tendencias sexuais) Pero vese que é un home coidadoso: O pantalón do revés, os boxers polo van e estendidos,, o pantalón...

BLOGME TENDAL XCII: Bicitendal.

E se non hai outro sitio non hai outro sitio. Pero a roupa ten que secar. A varanda da escaleira, a bicicleta! No airea ben, iso é evidente. O do lado é unha rúa cos seus coches (aínda que poucos) e coa súa xente...