BLOGMETENDAL DCCLXXVII: Sós, nós
Xa non se labran os campos, non se traballan as hortas, non se colgan as roupas. Quedan os restos de cando falabamos co entorno. Só medra o silencio. E o abandono, o noso, de nós, de abandonármonos, isolármonos. Como se puideramos vivir sós...