A sensación de debruzarse ó precipicio para lavar a roupa fóra do espazo natural e seguro do fogar.
Lavar a man! Esa forma antiga e incómoda que non aproveita as vantaxes da tecnoloxía.
Pero toca, apalpa, acariña, e mide a calidade das roupas alén do seu...
Xa non se labran os campos, non se traballan as hortas, non se colgan as roupas.
Quedan os restos de cando falabamos co entorno.
Só medra o silencio.
E o abandono, o noso, de nós, de abandonármonos, isolármonos.
Como se puideramos vivir sós...