roba Tag

BLOGMETENDAL DCCLXXIII: Falar

“Non hai con quen falar!” É a fala máis repetida pola xente de aldea. “Nin na perruquería” confirman as mulleres de vila. Os tendedeiros, eses bio-marcadores, evidencian esa mudez progresiva. Velaquí este tendedeiro sen ningún conxénere a quen dar un simple “bo día”. Fóra deste tendedeiro non hai...

BLOGMETENDAL DCCLXXII: Reusar

Todo se reúsa. Lavar é unha sorte de reencarnación e revitalización. Unha bolsa de conxelado serve para as cebolas, unha bolsa da compra serve para as pinzas, unha prenda de vestir serve para o mesmo pero serve e serve e serve. Renovada para ser revivida....

BLOGMETENDAL DCCLXXI: Follas

Son follas. O tendedeiro é unha árbore ou é mato? Ter, ten a feitura do sabugueiro, que é todo pólas. A fasquía é de follas, pero acomoda ben ca flor do sabugueiro que cambia de cor. A cores do tendedeiro tamén mudan cas estacións do ano. Cada especie natural...

BLOGMETENDAL DCCLXX: Ser roupa.

Ser roupa non é descansado. É moi sufrido. Botan a mor parte do tempo nunha percha, e inda ben! cando non pregada con máis roupa por riba, abafándoas. E poñémolas, e levámolas a un monte sitios ós que non lles preguntamos se queren ir. A veces, sen...

BLOGMETENDAL DCCLXXIX: Discreción.

Dúas persoas distintas con algo en común. A discreción. As dúas viven soas. A de arriba é funcional, práctica, especializada. Calcetíns e toallas, maiormente. Roupa sufrida. Non se mestura con roupa externa nin delicada. Cores discretas, quitando o calcetín branco...