Tan negro que parece que as sombras son as que están nas cordas.
A veces é mellor vestir cas sombras que cas roupas. Son máis suxerentes, variables, imaxinativas.
E adoitan sentar mellor!...
As roupas da primeira corda todas, recóllense pra deixar paso ó vestido gris, todo cheo, que se abre a bailar.
Un vestido que pide un corpo. De baile.
Pide que o enchan da levidade xusta pra seguir o ritmo que marca o vento, esa orquestra....
No tempo no que os animais falaban, como falaron sempre, pero no que a máis da humanidade xa non os entendía; neste tempo digo, estendeuse na parte máis fachendosa da humanidade un aparello que tapaba a boca. “Tapabocas” chamouno esa mesma humanidade fachendosa quen,...
Sempre as imaxino lavadas por man de muller.
Nunca por man de home.
Se cadra en defensa propia.
Eu lavaríallas, a man.
Un remollo tépedo demorado cun ai! de deterxente.
Logo un enxugue, fregando alí e alí se for necesario.
Despois tendelas. Nun lugar asombrado do tendedeiro, agás que necesitasen...