01 Set BLOGME TENDAL XCIII: Colegueo de camisas
Con esa luz, podería ser un tendal de cine. Tendal de home de libro. (Teño que ver se podo chegar a distinguir as tendencias sexuais) Pero vese que é un home coidadoso: O pantalón do revés, os boxers polo van e estendidos,, o pantalón posto do revés (ben), os calcetíns… ai os calcetíns! Negros, pero desparellados. Xa me estaba eu facendo a idea dun home formal, serio (polas cores, mesmo das toallas) pero cun aquel (polo boxer)que vive só pero ten a casa limpa. Co dos calcetíns xa penso que ten contratado servicio doméstico, e na casa hai un puntiño de desorde. Ese que cando chega alguén de fóra unha vez non molesta, axuda a que te sintas cómodo en casa allea, pero cando xa vas máis veces acaba molestando un pouco
E as camisas polos ombreiros. Poñer así as camisas é unha decisión importante. Por que así e non doutro xeito? Porque aí se notan menos as pinzas? Por que así son máis doadas de planchar? A plancha! Esa presencia clandestina en todos os tendais, non se ve, pero está. Pero o ferro da roupa vai quedar para outro día.
O que me gusta deste tendal son as camisas. Ese colegueo que teñen entre as dúas, mesmo pasa unha o seu brazo polo ombreiro da outra. Aí están, falando das súas cousas. Cando vin isto, sentínme voyeur
Pola luz sería un tendal de cine.

Sen comentarios