Teño a imaxe de cando pequeno das orellas dos cans e das orellas dos bois: inzadas de carrachos no vran.
Non sei por que me viu esa imaxe á cabeza mirando este tendedeiro....
Son cómodos. E prácticos. Os “T”, digo.
Pero teñen un aquel marcial que non cadra co entorno natural, caótico por dinámico e mutable acorde a un criterio lóxico pero non humano.
O “T” é racional humano, previsible. Certo. Alleo ás pequenas mudas que se dan decote...