blog me tendal

BLOGME TENDAL XCI: Tendal afrutado

A saber que sabor dan estes trapos ás noces. Non me acaba de resultar simpático. Máis ben paréceme unha ofensa. Non me parece mal que se use unha árbore para tender. Non. Unha árbore que dá froita para comer, non merece trapos de limpar,...

BLOGME TENDAL XC: A árbore dos calcetíns

Había unha vez unha árbore nunha rúa dunha cidade. Estaba un pouco desorientada. Ó seu carón tiña máis árbores coma ela: pequenas, isoladas, afastadas unhas das outras, só podían falar a berros E non se pode manter unha conversa decente a berros e a...

BLOGME TENDAL LXXXIX: Tendal na gaiola

O nunca visto. Un tendal nunha gaiola ca planta da envexa ó seu carón. Talmente a escenografia dun mago especialista na aparición e escamoteo de grandes paxaros: papagaios, tucáns, miñatos, aguias, voitres, pterodáctilos...

BLOGME TENDAL LXXXVIII: Tendal a escorrer

Co sol que lle cae, a roupa tendida non só escorre auga e humidade, escorre a sombra pola parede abaixo, mesmo as cordas van escorrendo e escorregando, igual chegan á verticalidade absoluta, igual que as sombras da roupa....

BLOGME TENDAL LXXXVII: Gran teatro da cerdeira

Tamén penso que pode ser que cando saquei a foto collín á cerdeira saíndo da ducha. Gran teatro de títeres da cerdeira. Detrás do telón de mantel represéntase a peza "Os amores da cerdeira e o pardal" (o que sempre come as cereixas antes ca...