BLOGME TENDAL XCI: Tendal afrutado

04 Ago BLOGME TENDAL XCI: Tendal afrutado

blogme 91A saber que sabor dan estes trapos ás noces. Non me acaba de resultar simpático. Máis ben paréceme unha ofensa. Non me parece mal que se use unha árbore para tender. Non. Unha árbore que dá froita para comer, non merece trapos de limpar, cargados de deterxente e lexía e graxa.  Merece outra roupa, de comer ou de non comer, pero roupa. Perdón pola idiotez. Pero a roupa ten un aquel cas follas, e non sei por que, roupa colgada nunha árbore resúltame agradable e incluso morboso. Teño que recoñecer que estou mordendo o teclado para non escribir todo o que agora mesmo me pasa pola cabeza, pero si. Roupa en árbores… dá para moito, para que vou eu condicionar as imaxes que se vos poidan pasar pola cabeza.

Pero trapos non.

Iso si, quen puxo aí os trapos é moi vago moi vago

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: