29 Set BLOGME TENDAL XCVI: Antiintimidade
Sempre que paso, sempre me quedo prendido nesta trandeira. Sempre me fixo se hai xente antes de parar e antes de fotografar. Vas pola estrada e topas un tendal, hoxe con esta roupa, mañá con outra. Se non paras nunca vas saber que roupa é. Pero nunha estrada…? Como? Por que? Sei que fotografar tendais é invadir a intimidade da xente. Eu non escribo todo o que penso porque ás veces penso cada cousa…! Persoalmente non poñería aí a roupa a tender: pola visibilidade, e por estar á beira de onde pasan coches e enchen a roupa de pó ou carbonilla.
Sen embargo, ten outras vantaxes: Ciclo de secado combinado, seca pola suma e combinación de sol, vento e rebufo dos coches; Centrifugado pasivo, non se move a ropa, móvense os coches; Integra os coches na vida cotián; Debe cambiar o cheiro da roupa segundo o tráfico (olor a furgoneta de reparto, a mombús, a trailer, a moto, a tuneado…)
E por fin, claro, o sinal de tráfico e os postes da Fenosa danlle un aire de teatro contemporáneo impresionante, en contraste co sistema de varas para tensar a corda. Malia todo o escrito, non saberí que dicir deste tendal.
Sen comentarios