22 Set BLOGME TENDAL XCV: Todo chica
Roupa rosa de durmir e azul que parecen camisolas ou mandilóns. A chica ten un estilo claro, sabe como lle gusta vestir, porque uniformes non son. Teño para min que a esta moza lle gusta estar en casa, chegar, poñerse cómoda, e … parece roupa abrigosa, de arrolo e agarimo
Roupa branca de andar por casa en día de vran coma o da foto, ou de levar por baixo pola tardiña. Gústalle saír, cañear, parolar, rir e sentar cruzando as pernas. Chama polo sol que quente e rebote no branco, luz de perto.
Coidadosa, corda e pinzas. Se caen, caen na casa
Rápida, vale a baranda ou un dos taboleiros que están alí arrumados, co cigarro na boca mentres tende. Trátase de que seque e aí seca. As formas non son moi importantes. Se voan, viaxan, seguro que coñecen xente.
Tan elas… Pero poden ser dous monstros, a primeira con rulos e a segunda con unlllas postizas.
Hai un home no balcón, e é grande!

Sen comentarios