blog me tendal

BLOGME TENDAL CI: Somos a roupa que tendemos

Este é de Cecilia Beguería. Un tendedeiro-partitura. Cen! Tendedeiros. Cen. Que se di pronto. Uns mais afortunados que outros. Todos mal fotografados. Algúns máis interesantes que outros. Poucos comentarios no blog e máis no face. É unha teima miña que me gusta e me obriga....

BLOGME TENDAL C: Proporcións

Vese que son da talla, e para min aquí hai sintonía e coquetería. Amor, mesmo. Eu vou, levanto a vista e vexo… só roupa interior, infraumbilical. A forma de poñer as pinzas é coherente: Tres pinzas por prenda, dobradas por debaixo da goma. A goma,...

BLOGME TENDAL XCIX: Trandeira con espantallo

Todo na vida é proporcional. E neste tendal tamén. Se se usan os espantallos para escorrentar os paxaros da semente, por que non usar un espantallo para escorrentar as pombas da roupa, que non caguen nela, recén lavada. Cae de caixón. Supoño que o...

BLOGME TENDAL XCVIII: Tendal de churrasco

Un tendal con vistas. Vendo o que se ve non hai moito mais que dicir. Pero o tendal fai espello do que temos atrás. O espello do tendal refrexa a casa dos avós. Hai algunha roupa que non é de avó, esa roupa é...

BLOGME TENDAL CXVII. Lávase todo

E paréceme ben que se lave todo. Velaquí están os trapos de cociña, fartos de apañar merda, graxa, pero mira que bonitos a secar ben lavados, que os podes usar para llimpar a boca cando comas. Pero para que son esas tiras? Se fosen...