BLOGME TENDAL CI: Somos a roupa que tendemos

03 Nov BLOGME TENDAL CI: Somos a roupa que tendemos

cecilia begueriaEste é de Cecilia Beguería. Un tendedeiro-partitura.

Cen! Tendedeiros. Cen. Que se di pronto. Uns mais afortunados que outros. Todos mal fotografados. Algúns máis interesantes que outros. Poucos comentarios no blog e máis no face. É unha teima miña que me gusta e me obriga. Disfruto tanto véndoos… Ás veces véxome na obriga de escribir cando non me apetece máis que velos, pero sinto que se non digo algo é como pedir silencio a quen o vexa. E non. Gústame escoitar o que a xente mira nun tendedeiro. Devezo polos comentarios! Gústame ler o que escribides (perdón por atuarvos)

Eu trato de morder o morbo. Para quen me coñece e para quen non: son home, cos meus prexuizos e os meus vicios. Ás veces tamén son soez, pero non me interesa aquí.

Os tendedeiros provocan emocións: Risa, tenrura, alegría, dor. E as miñas suposicións poden ser mentira, pero non me importa. Gústame imaxinar como é e que vida leva quen pon a roupa que vexo a secar. Por iso prefiro os tendedeiros cotiáns ós artísticos (sen desprezalos)

1Comentario
  • Xiada Sanlés
    Publicado ás 15:22h, 03 Novembro Responder

    Teño tanta curiosidade por saber cómo soa esa partitura…

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: