20 Out BLOGME TENDAL XCIX: Trandeira con espantallo
Todo na vida é proporcional. E neste tendal tamén. Se se usan os espantallos para escorrentar os paxaros da semente, por que non usar un espantallo para escorrentar as pombas da roupa, que non caguen nela, recén lavada. Cae de caixón. Supoño que o espantallo será herdado do antroido, mellor! Todo é roupa. Pero dalle un aire ambiguo a este tendal, quen vestirá que?
Quen calza esa camisola co coello de PlayBoy de feirón? Quen calza esa roupa interior pendurada nesa posición de abrir o interior ó aire e recoller o que veña do ceo? Quen calza ese vestido vaporoso que gusta de xogar co aire, sexa posto no tendal o no corpo? …
O que si me dá esta trandeira, é que a xente da casa ten moito sentido do humor.
Sen comentarios