Home non! Queda feo. Di mal.
Que vale que vivides de aluguer e a anclaxe do tendal é cousa do caseiro, pero unha cordiña mellor tirada non fai mal. Coitado do mono de leopardo, que pouco luce....
E a min que mo expliquen!
A teoría é que fixo unha bogada de roupa de lá. E a roupa de lá ten un secar delicado, que che colle cheiro de húmido se non a secas ben. E as casas modernas están deseñadas para que...
Martes, ás 18:00 hs. No Centro Sociocultural "Uxío Novoneira" Fin de festa, fin de curso, fin do obradoiro de narración oral da AELGA. E pecho eu!
Mira que teño eu problema con como chamar a isto. Non me acaba a min de aquelar o de...
Se é certo que a beleza está na proporción, este tendedeiro é fermosísimo. A parede garda unha relación de proporcionalidade estética non ca uralita plástica, senón ca súa inclinación e mais ca ferruxe dos soportes e co cordel, e máis ca xanela de aluminio...