26 Xan BLOGME TENDAL CXIII: Tendal a man
Bolsa, zapatillas grandes e pequenas de home e de muller, toalla que xa secou en mil batallas, panos gastados, de vestir só hai un pantalón e unha chaqueta. E dúas prendas íntimas. A lavadora é selectiva, no lavado a man todas as prendas son compatibles. É a man da lavandeira quen fai que convivan na mesma pileta. Esa man sabe de enrrugas, texturas e caracteres, e non falo só da roupa.
Agás estas dúas, as outras prendas fixeron a mesma viaxe dende o armario da roupa nova ata a adega, onde queda a roupa de traballo. Esa é unha viaxe curiosa. Cando deixa unha prenda de estar ca roupa de “vestir” para quedar na adega, xa non sube. Supoño que un día non importou ir ca chaqueta á horta, total é un momento, non a vou manchar. E iso foi hoxe e non manchou. E mañán outra vez e, se querelo, manchou ou lixou con herba. Así non podo a podo subir, xa a limpo, xa a lavo. Se cadra algún día subíu e lavárona. Pero seguro que no segundo ou terceiro día ficou alí, nunha punta, ou nunha cadeira, e non volveu subir onda o armario da roupa limpa. E de aí só lle queda chegar a ser trapo. Isto, na viaxe vital da roupa, é como facerse maior e logo vello. Nas cidades a vida da roupa é distinta. Poucas roupas chegan a vellas, a trapos. As máis delas son tiradas no lixo ou nun contedor de roupa usada.
E xa que lava a man, xa de paso, van un par de bragas, roupa delicada de lavar a man, cun fregar máis delicado e doce que a outra roupa, que non pode (ou debe) esperar por unha bogada e, ademáis, seca rápido.
Pero, ó final, tamén acaba en trapo.
Sen comentarios