BLOGME TENDAL CXIV: E mamá?

02 Feb BLOGME TENDAL CXIV: E mamá?

blogme 114Está papá, que ben se ve pola camisola que é grande, e pola toalla de baño que tamén é grande.

Está a pequena, que se ve que é pequena polo pixama, e pola cor da roupa da cama, e polo tamaño da roupa da cama; vese tamén que é “a” e non “o” polo osiño do pixama.

Que contraste, nonsi? Esa roupa tan alegre, a da cama o polo do home, vese xente alegre, dinámica, desenfadada. Pero esa toalla tan clásica… hai nesa familia alguén que ou garda ou conserva (non sinónimos) ou añora algo por querido ou por usual para esa persoa. Ou é unha aforreta e lle deron esa toalla no enxoval de voda ou cando foi vivir só e está disposto a usala ata que caia a cachos. Se o que importa dunha toalla é que seque, mentres seque queda na casa aínda que sexa “clásica”

E mamá? Onde está mamá?

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: