19 Xan BLOGME TENDAL CXII: Saída de vehículos
Prohibido aparcar: Tendal.
Paso vedado a vehículos: Tendal.
E con razón. O tendal é moitísmo máis importante que calquera vehículo automotor ou de fóra borda, de tracción mecánica ou animal. O tendal atinxe ás prendas que están en contacto ca nosa pel máis íntima e ás que establecen unha relación visual cos nosos vecinos e lles comunican o noso estado de ánim de xeito simple e inconsciente.
Sistema de secado duplo, enerxía solar e eólica producida polo paso de vehículos automóviles.
En día de sol esa roupa a secar, especialmente a de durmir que está na esquerda din que alío fai moito frío. Pero que alegría meterse na cama de azul-franela a xogo ca toalla de “Lui”, seguramente unha “feirón trade-mark”. Son home e muller, casados dende hai anos. Xa non teñen nin esperan moitas sorpresas, por iso esa chaqueta, grosa, destinguida xa. Fea de ver, seguro. Pero tamén seguro que a súa función principal: abrigar, quentar, seguro que a fai de marabilla. Esa prenda nesta na categoría das prendas especiais, que cumpren a súa función con só mirala ou pensar nela: sentirte guapa ou, neste caso, abrigar…!
A peza de roupa íntima, feminina, está de loito. Normal, esa roupa leva moitos anos de matrimonio enriba. Xa non hai… sorpresas.
Ten tanto traballiño enriba esta roupa, tanta vida de papar frío. A roupa, coma os animais, acaban parecéndose ó amo. E velaquí está a roupa. Igual que estarán o amo e mais a ama. Ó sol. A ver pasar o día.
E o coche da casa, xa entrará ou sairá cando a roupa estea lista

Asun
Publicado ás 14:59h, 19 XaneiroVaia análise psicolóxica !! Mola !!!