BLOGME TENDAL CCXIV: Tendal pedestre
Seguro que non os mesturou co resto da roupa. Tan arrastrados sempre, tan pechados, sempre, tan sufridos, tan suados sempre. Contaminarían ó resto da roupa. Seguro que os meteu nunha tina, en deterxente cunhas pingas de lixivia, e algunha de amoníaco. Alí a remollo...