CONTOS PARA XORDAS/OS (e non só) 4.- A mestura

10 Mar CONTOS PARA XORDAS/OS (e non só) 4.- A mestura

atlanticaFESTIVAL ATLÁNTICA 12 de marzo. Sábado. 12.00h. “Unha manchea de contos”. Contos en lingua de signos e lingua oral para escoitar cos ollos e os oídos. Para toda a xente, xorda e non xorda. Caxoto, Gema Santos, Vero Rinlo, Fátima Iglesias, Ana Senra e David Fernández. Museo do Pobo Galego. Entrada libre

 

A cousa non é contar contos con tradución para xordos. É crear un repertorio concebido para toda a xente, xorda e non xorda, para podelo gozar xuntos. Pero ademáis de gozar dos contos, tamén gozar da compañía de ter ó teu carón, no mesmo espectáculo ca ti, ó mesmo tempo ca ti, no mesmo espazo ca ti, a alguén que é coma ti pero xorda, ou non. Vivimos no mesmo mundo, por que non o vivimos xuntos? Tanta especialización non será un truco ruín, unha trampa desta xente que só concibe que se viva como eles din que hai que vivir? Coma este señor tan listo tan listo que sabe dirixir a deputación de Teruel. Lédeo aquí
Cousas para xente xorda, xa hai, case só no circuíto pechado á xente xorda. Cousa para xente non xorda, tamén. Cousas para toda a xente, seguro que tamén a hai pero non é doado topala. Xogar cas dúas dúas linguas a un tempo… de primeiras vólveste un zoupón, porque é nova esta forma de traballar. O que pensabas que sabías non vale. Pero logo descubres un campo novo e moi rico.

Hai tanta beleza no mundo, tantas formas de crear beleza e tantas formas de compartila que é unha pena non facelo e deixarnos levar polos prexuízos, as ideas preconcebidas.

Esta é Ana Senra de Galensigna

ana senra

Vinde ós contos!! Vinde ó festival Atlántica!!

12 de marzo. Sábado. 12.00h. “Unha manchea de contos”.atlantica 16

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: