CONTOS PARA XORDAS/OS (e non só) 1.- O principio foi a emoción.

07 Mar CONTOS PARA XORDAS/OS (e non só) 1.- O principio foi a emoción.

atlanticaFESTIVAL ATLÁNTICA 12 de marzo. Sábado. 12.00h. “Unha manchea de contos”. Contos en lingua de signos e lingua oral para escoitar cos ollos e os oídos. Para toda a xente, xorda e non xorda. Caxoto, Gema Santos, Vero Rinlo, Fátima Iglesias, Ana Senra e David Fernández. Museo do Pobo Galego. Entrada libre

Non son contos traducidos a lingua de señas. Son contos pensados ó mesmo tempo nas dúas linguas para ser contados para toda a xente, independentemente do seu oído. Un xeito distinto de contar co obxectivo de sempre: entreter. A todo o mundo.

Non sei se vos pasa, se reparades en se tendes perto xente xorda. Así que non sei, eu formo parte dese grupo, moi ou pouco numeroso, que sabe que hai xente xorda, e nada máis. Sabe. Como sabe que hai ornitorrincos. E ten unha xeira de ideas preconcebidas sobre eles. Sobre os xordos e os ornitorrincos. Arrumados eses prexuízos nun andel da conciencia onde botar man deles para fiar uns razoamentos previsibles e correctos. Inocuos. Ocos.

Un día, non sei quen me fixo o agasallo de achegarme este video.

Pareceume tan tenro! Espertoume a emoción (chorei) e a curiosidade. E comecei a ver e reparar e preguntar. Como é isto da xente xorda? O que vin neste video foi que eu non tiña nin idea do moito que aí hai.

Vinde ós contos!! Vinde ó festival Atlántica!!

12 de marzo. Sábado. 12.00h. “Unha manchea de contos”.atlantica 16

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: