08 Mar CONTOS PARA XORDAS/OS (e non só) 2.- A realidade
FESTIVAL ATLÁNTICA 12 de marzo. Sábado. 12.00h. “Unha manchea de contos”. Contos en lingua de signos e lingua oral para escoitar cos ollos e os oídos. Para toda a xente, xorda e non xorda. Caxoto, Gema Santos, Vero Rinlo, Fátima Iglesias, Ana Senra e David Fernández. Museo do Pobo Galego. Entrada libre
O Servizo de Normalizacion Lingüística do Concello de Vigo xa tiña integrada a tradución á lingua de señas nas súas actividades. A conta deles coñecín a Aranzazu Casas, de AZ lengua de signos.
Arantxa foi verme. E falarme. Con ela souben máis cousas da xente xorda. Que teñen o seu xeito de expresarse, o seu ritmo, o seu rito… e o seu humor. E que os contos que eu contaba podían sen contados a xente xorda e outros non. Algúns, se cadra, modificándoos. Pero o que si que me quedou claro foi que traducir non era abondo.
Ben se ve neste video de Beiras que me deu Felipe Caxoto.
Vinde ós contos!! Vinde ó festival Atlántica!!
12 de marzo. Sábado. 12.00h. “Unha manchea de contos”.
Amparo Guerra Lomo
Publicado ás 00:14h, 09 MarzoDebía de ser obligatoria la enseñanza del lenguaje de signos en los colegios. Creo que es necesario.
El martes, 8 de marzo de 2016, Avelino gonzalez escribió:
> avelino gonzalez posted: “FESTIVAL ATLÁNTICA 12 de marzo. Sábado. 12.00h. > “Unha manchea de contos”. Contos en lingua de signos e lingua oral para > escoitar cos ollos e os oídos. Para toda a xente, xorda e non xorda. > Caxoto, Gema Santos, Vero Rinlo, Fátima Iglesias, Ana Senra e Davi” >
avelino gonzalez
Publicado ás 16:05h, 09 Marzo…y divertido!