estendal Tag

BLOGME TENDAL CIV: Infraumbilical

Para ser tendedeiro “de home” non está mal. Os pantalóns polo revés (como ten que ser, para que nin botóns nin cremalleiraprendan noutas pezas máis sensibles), con cadansúas tres pinzas máis reforzo (que os vaqueiros son duros coma a carne do pescozo) e cada...

BLOGME TENDAL CIII: Prohibido pola UE

Se a UE se puxese a regular os tendedeiros este sería prohibido por non cumprir cas normas de seguridade e hixiene que seguro que imporían. Pero cumpre con outras normas máis básicas. Que toda a casa estea en contacto co limpar e manchar como caras...

BLOGME TENDAL CII: Bailón

A esta chica gústalle bailar e lucir palma, que para iso se ten. É alta, iso sempre é un plus, as pernas longas sempre espertaron un aquel polo alpinismo nos ollos dos cobizosos (hai alguén que non o sexa?). Este é tendedeiro de domingo....

BLOGME TENDAL CI: Somos a roupa que tendemos

Este é de Cecilia Beguería. Un tendedeiro-partitura. Cen! Tendedeiros. Cen. Que se di pronto. Uns mais afortunados que outros. Todos mal fotografados. Algúns máis interesantes que outros. Poucos comentarios no blog e máis no face. É unha teima miña que me gusta e me obriga....