01 Dec BLOGME TENDAL CV: Tendal incógnito
Só teño incógnitas, preguntas… Que sexo tiña quen decidíu poñer o tendal a esa altura? Por que a esa altura? Por que comba tanto a corda se tan tensas parecen as outras cordas? Por que, tendo tanta corda, deixa a roupa xusto diante da xanela? Canto mide quen colgou ou a que se sube para colgar?
Só teño dúas certezas: É tendal de chica; e o veciño de abaixo é un lacazán que pon arame en vez de corda por non andar a cambiar a corda. Teño outra certeza: Isto do arame, foi idea do home.
Sen comentarios