BLOGME TENDAL CIII: Prohibido pola UE

17 Nov BLOGME TENDAL CIII: Prohibido pola UE

blogme 103Se a UE se puxese a regular os tendedeiros este sería prohibido por non cumprir cas normas de seguridade e hixiene que seguro que imporían.

Pero cumpre con outras normas máis básicas. Que toda a casa estea en contacto co limpar e manchar como caras da mesma moeda. Non por separar as cousas se é máis hixiénico. Sexa na roupa, na convivencia, nas emocións…

Este tendedeiro é un tendedeiro complexo, integrado… tolerante.

O segredo está en como moverse nel, nos xiros de cadeira para non tocar o que non se debe manchar. No xeito que a xente poña, non en cumprir normas.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: