blogme tendal Tag

BLOGME TENDAL CICV: Resaca

E chegan as roupas de noite de marcha. Deron a volta ó marcador, reengancharon un sol con outro. Porque non están tendidas a secar. O pantalón caeu pra atrás, as camisas debruzáronse na varanda para gomitar os humores e cheiros da noite, airear os excesos....

BLOGME TENDAL CXCIV: Roupa saltando a valla

Tamén ela quere mellorar. Coma a xente que a leva, a roupa quere secar en boas condicións, a xeito, ó fresco ventimperio que non só atravesa o tecido senón que tamén abana e baila dando “aire”, dando vida. Esta roupa non está colgada, está frustrada...

BLOGME TENDAL CXCII: Tendedeiro de Hamlet

Ser ou non ser. Ser roupa tendida ou ser roupa caída. Estar aí para secar ó ventimperio mais ós rebufos dos coches, ou quedar enganchada nunha alcaiata, gancho, aro, arandela, pincho que frea a caída dende unha xanela ou outro tendal. Lavada ou abandonada,...

BLOGME TENDAL CLXXXVII: Tendedeiro de proa

Foque, proa ou mascarón. A todo trapo. Despregada a velame, só falta que o vento zoe e leve este barco anormal en derrota anormal, ó pairo. Pero que máis dá. O mar e a escuma xa están do revés, pois están enriba. Que máis...