27 Set BLOGME TENDAL CXCII: Tendedeiro de Hamlet
Ser ou non ser. Ser roupa tendida ou ser roupa caída. Estar aí para secar ó ventimperio mais ós rebufos dos coches, ou quedar enganchada nunha alcaiata, gancho, aro, arandela, pincho que frea a caída dende unha xanela ou outro tendal. Lavada ou abandonada, tamén a roupa ten un aquel hamletiano e adoece de carencias afectivas
É ou non é.
Sen comentarios