18 Out BLOGME TENDAL CICV: Resaca
E chegan as roupas de noite de marcha. Deron a volta ó marcador, reengancharon un sol con outro. Porque non están tendidas a secar. O pantalón caeu pra atrás, as camisas debruzáronse na varanda para gomitar os humores e cheiros da noite, airear os excesos. Un chisco máis e alá van!
A verdade é que dan un chisco de pena. Que lles dea ben o aire e se lles pase a resaca.
Sen comentarios