11 Out BLOGME TENDAL CXCIV: Roupa saltando a valla
Tamén ela quere mellorar. Coma a xente que a leva, a roupa quere secar en boas condicións, a xeito, ó fresco ventimperio que non só atravesa o tecido senón que tamén abana e baila dando “aire”, dando vida.
Esta roupa non está colgada, está frustrada no valado, poida que seque, si, pero … mais nada.
Oxalá poidan saltar o valado. Oxalá o vento as leve, leves e dondas sen pousar en valos. Oxalá o vento as leve cheas de corpos que tampouco pousen en valos. Oxalá roupas e corpos se poñan ó clareo da herba mol e do sol. E así manteñan as cores vivas, os sorrisos claros e os tecidos ben fiados.
Nemesio Boente
Publicado ás 23:56h, 14 OutubroQue esconde esa persiana que pecha un espazo que fica escuro? Coma tantas outras persianas que hai polo mundo adiante, que non sabes se protexen da luz ou das vistas indiscretas.
A roupa salta o valado da fronteira para ver a claridade pero…
vai cair ao baleiro.
E o peor é que non poden avisar as prendas que agardan agochadas no chan que ao outro lado desa fronteira o mundo tamén pode ter outras persianas.
Ou non…
Non hai tempo ás indecisións. Poden vir por nós.