BLOGME TENDAL CLXXXVII: Tendedeiro de proa

23 Ago BLOGME TENDAL CLXXXVII: Tendedeiro de proa

blogme 190 (2)Foque, proa ou mascarón. A todo trapo. Despregada a velame, só falta que o vento zoe e leve este barco anormal en derrota anormal, ó pairo. Pero que máis dá. O mar e a escuma xa están do revés, pois están enriba. Que máis ten que as cadernas sexan de formigón. O pano non é suxo, aínda que xa coñece ventos de distintos sabores. Está limpo, recén lavado, a coller arrecendo a rosa pálida, que é a cor que mellor combina ca da mar en calma.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: