blog me tendal Tag

BLOGME TENDAL CXIII: Tendal a man

Bolsa, zapatillas grandes e pequenas de home e de muller, toalla que xa secou en mil batallas, panos gastados, de vestir só hai un pantalón e unha chaqueta. E dúas prendas íntimas. A lavadora é selectiva, no lavado a man todas as prendas son...

BLOGME TENDAL CXII: Saída de vehículos

Prohibido aparcar: Tendal. Paso vedado a vehículos: Tendal. E con razón. O tendal é moitísmo máis importante que calquera vehículo automotor ou de fóra borda, de tracción mecánica ou animal. O tendal atinxe ás prendas que están en contacto ca nosa pel máis íntima e ás...

BLOGME TENDAL CXI: Todo polo chan

Non hai nada que non arrastre: alfombras e calcetíns, o inframundo. Prendas ignoradas, desprezadas a quen debemos a calor básica, fundamento do resto do noso benestar. Non se pode estar a gusto cos pés fríos. Son calor e limpeza e discreción. Esas alfombras de cuarto...

BLOGME TENDAL CX: Trapallada

Home non! Queda feo. Di mal. Que vale que vivides de aluguer e a anclaxe do tendal é cousa do caseiro, pero unha cordiña mellor tirada non fai mal. Coitado do mono de leopardo, que pouco luce....