BLOGME TENDAL CXVI: Pinceis

16 Feb BLOGME TENDAL CXVI: Pinceis

blogme 116

Na inmensidade do tendedeiro poucas pezas e arreboladas. Na inmensidade do branco pouca cor pero destacada.

Están lavadas a man, quen pon unha lavadora só por esta pouca roupa. E toda feminina. Abonda con ver os calcetíns, raro é o home con esas cores nos pés. Xa entendín o de lavar a roupa interior a man, pero os calcetíns? Se cadra o único que fixo, que se ve rapaza nova e as novas son máis preguiceiras co lavatorio téxtil, que debeu poñelas no mítico caldeiro con lixivia de cor e aroma que se vende agora, ou na pileta do lavabo. Despois fregar nelas un pouco, se tal, e ó tendal. Os calcetíns non se fregan. Lávanse para quitarlles o fedor, non hai humores que prendan. E poñería todas xuntas?

Pero nesa inmensidade, é preciso prender os calcetíns por parellas? Non tiña pinzas abondo para individualizalos, que secan mellor? Ten pinta de ser teima herdada da casa, aínda que eu penso que se desparellan máis calcetíns dende que hai lavadora.

Pero ser, é un cadro. Alguén colleu e pintou a parede con pinceis de roupa

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: