E a min que mo expliquen!
A teoría é que fixo unha bogada de roupa de lá. E a roupa de lá ten un secar delicado, que che colle cheiro de húmido se non a secas ben. E as casas modernas están deseñadas para que...
Se é certo que a beleza está na proporción, este tendedeiro é fermosísimo. A parede garda unha relación de proporcionalidade estética non ca uralita plástica, senón ca súa inclinación e mais ca ferruxe dos soportes e co cordel, e máis ca xanela de aluminio...
Lémbrame ó conto de Dieste do home que nace vello e vive a vida ó revés. Lémbrame ó poema de Avilés sobre Ludmila, quen no seu sangue leva os sangues todos de quen foi antes e quen virá despois. Nestas roupas están os homes...
Para ser tendedeiro “de home” non está mal. Os pantalóns polo revés (como ten que ser, para que nin botóns nin cremalleiraprendan noutas pezas máis sensibles), con cadansúas tres pinzas máis reforzo (que os vaqueiros son duros coma a carne do pescozo) e cada...