BLOGME TENDAL CVIII: Tendal indoor

22 Dec BLOGME TENDAL CVIII: Tendal indoor

blogme 108E a min que mo expliquen!

A teoría é que fixo unha bogada de roupa de lá. E a roupa de lá ten un secar delicado, que che colle cheiro de húmido se non a secas ben. E as casas modernas están deseñadas para que teñas que gastar os cartos en secadoras de roupa. E moitas veces os patios de “luces” (tenche carallo o nome) son escuros e húmidos.

Ás veces as solucións prácticas son pouco glamourosas, pero son eficaces. Onde dá o sol? Na fachada. Por onde entra o sol? Pola xanela. Onde mellor seca a roupa? Ó sol (de toda a vida). Pois poñemos os xerseis a secar na xanela.

Hai tendal na xanela? Non tal. E velaquí temos a parte xa de deseño industrial e aproveitamento dos medios que temos a man:  As primeiras pezas colgan da persiana e as pezas de abaixo colgan das pezas de arriba. Nunha horiña de sol, todo seco. Ah, xa de paso, poñemos as tres camisolas que quedaron por secar.

Iso sí. É roupa de muller

Ou iso ou está investigando en cortinas

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: