BLOGME TENDAL CXVI: Natural

23 Feb BLOGME TENDAL CXVI: Natural

blogme 117Adoro este tendal, máis que tendal é paisaxe, humana. Clásico. Colocado enriba do pozo que está ó carón do pilón e combina co pexegueiro mais co camelio e a figueira e a maceira e a viña e a oliveira e a uralita e ca casa e co prado. O arado xubilado está a gusto na casa, pegado á terra que labrou, debaixo da roupa de quen o volcou. Canta xente non terá envexa deste arado. Se o arado ten memoria, que a ten, há lembrar que todo na casa mudou, si, pero non tanto. Finalmente, a xente queremos sempre o mesmo, vivir e vestir roupa limpa. Xa se lava con lavadora, si… pero o tendal séguese a levantar con cana apoiada na mesma terra

A tina azul está como o can. Gardando da roupa.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: