blog me tendal

BLOGME TENDAL XXVIII. Tendal en perigo

E creo que non fan falta máis comentarios. Por unhaparte penso: "Pena de escopetín". Por outra en chamar á casa: "Non chove, pero mellor que recolla roupa". Non sei que facer, estou atordado pola pregunta do meu sobriño: "As pombas tamén limpan o cu?" ...

BLOGME TENDAL XXVII. Tendal arrebuxado.

A min que deus mampare: Este tendal é de home! A ver se vai resultar que é un tendal de muller. Feito por unha muller quero dicir. E nese caso, a relación ca roupa fala da relación con quen a viste? A min que deus...

BLOGME TENDAL XXVI. Tendal de fin de semana.

Ai a lavadora! Canto fixo polo progreso humano, pola liberación da muller, polo acceso do home ás labores do fogar e pola conciliación familiar. E polo frenesí de fin de seman! Este tendal, por exemplo: É imaxinable a vida desta casa un sábado, ou un...

BLOG ME TENDAL XXV. Facer un tendal

Se a semana pasada me puxen pdagóxico cun apunte sobre tendal e nova moral, velaquí temos un tendal á antiga E o propio vento axuda á unha visión máis completa e levanta un par de prendas para que poidamos ver o tendal na súa complexidade. Un...

BLOG ME TENDAL XXIV. Tendal sen pudor

Que é facer ben un tendal? A xente faise esta pregunta? Creo que non. O tendal tiña unha forma non escrita que dicía que a roupa pequena/íntima quedaba na corda de atrás e a roupa grande diante. Así tapábase a intimidade tamén téxtil. Este...