04 Feb BLOG ME TENDAL XXV. Facer un tendal
Se a semana pasada me puxen pdagóxico cun apunte sobre tendal e nova moral, velaquí temos un tendal á antiga
E o propio vento axuda á unha visión máis completa e levanta un par de prendas para que poidamos ver o tendal na súa complexidade.
Un tendal clásico (os tendais pasan polas fases de toda corrente artística: nacemento, clásica e manierista) con dúas ou máis cordas, colga a roupa grande na corda qu máis se vexa, e a roupa pequena, que case sempe cadra con ser a máis pegada ó corpo, a “íntima”, na corda de atrás, para que seque soa, que a vista dos demáis non seca antes a roupa e a ninguén lle importa o que levo por baixo.
Correspóndese á moral clásica, tradicional. O que me gusta deste tendal é o que non se ve: o vento. Pode que seca pedagóxico. Pero tamén irreverente, levanta-saias, quebrador das morais mais rexas, mostrador das dobres morais. Picaro, traste, de ollada penetrante que descubre o que se quere agachar.
Sen comentarios