BLOGME TENDAL XXVII. Tendal arrebuxado.

17 Feb BLOGME TENDAL XXVII. Tendal arrebuxado.

A min que deus mampare: Este tendal é de home! A ver se vai resultar que é un tendal de muller. Feito por unha muller quero dicir. E nese caso, a relación ca roupa fala da relación con quen a viste?

A min que deus mampare: Este tendal é de home! A ver se vai resultar que é un tendal de muller. Feito por unha muller quero dicir. E nese caso, a relación ca roupa fala da relación con quen a viste?

Coida os calcetíns? Si. Pero só porque ten medo a perdelos, emparellados, pola punteira (desta teima queda un capítulo por facer na arte de colgar os calcetíns). Moita roupa deportiva, especialmente tamén calcetíns. Moito lle deben alcatrear os pés!

É aforradoriño. Posiblemente por necesidade, nos tempos que corren non están as cousas para tirar un calzoncillo só porque teña cedido o elástico. Finalmente non é unha prenda que se ensine sen máis (agás que sexa de marca), se a ve alguén que non sexa o portor, ou é de confianza, ou xa se verá de facer que sexa unha visión fugaz (aquí a lei da gravidade axuda, igual xa cae sen esforzó co pantalón). Pero que necesidade hai de telos así, arrebuxados uns cos outros, pendurados por un lateral (que deforma! Aproveita, si, pero aproveita ben!) habendo corda abondo?

E vistes o pixama? É a primeira vez que vexo unha prenda dobrada pola súa metade lonxitudinal.  Que mente perversa pode pendurar unha prenda así, por moito que sexa pixama. Se dobrase todo así sobráballe corda. Pero se hai corda! Se dobrase todo así sería un tendal ben orixinal, tamén é certo. Se cadra a cuberta non lle deixa ver o tendal. Se cadra nin lle interesa. Xa amañará ca prancha (E el terá tempo para pranchar? E xeito?)

Que bonita queda a toalla, que parece que puxo a secar á pantasma da casa.

E a garavata da esquina de todo. Será de festa? Ten pinta.

2 Comentarios
  • vlsco
    Publicado ás 10:18h, 17 Febreiro Responder

    Jejeje, pero si sobra cordaaaa! Jejeje muy buen análisis.

  • Asun
    Publicado ás 11:10h, 17 Febreiro Responder

    E digo eu…ao mellor hai suficiente corda…pero non suficientes pinzas…

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: