Velaí vai o pantalón! Velaí vai a chaqueta do chándal! Vese que se teñen por eles, o seu peso e o seu corpo fai que non caian da varanda abaixo.
Velaí van os calzóns...
Tendedeiro de muller traballadora, pendente de chegar á fin de mes, non ten coqueterías nas medias, a roupa interior ten pinta de ser de supermercado ou de feirón. Non hai tempo pra lavar o trapo aparte.
Hai tanto que facer e tan mal pago que...