BLOGME TENDAL CCCLX: Só pantalóns

23 Dec BLOGME TENDAL CCCLX: Só pantalóns

Velaí están, pendurados cabeza abaixo, inermes, executados, os pantalóns. Só por se comprometer ca vida e co traballo de quen os vestiu e quen os lavou -estes pantalóns son de home, así que, posiblemente non os lavou a mesma persoa que os vestiu-

Traballar é comprometerse e o compromiso mancha sempre. Das loitas de fondo podes saír vivo pero nunca limpo. Desconfío dos loitadores de salón que saen tan lambidos como entraron da loita na que din que tomaron parte. Minten: Non loitaron; pero din verdade: Tomaron parte… polos poderosos.

Estes pantalóns, de tres homes distintos da mesma familia loitaron sempre e perderon sempre.

De derrota en derrota, constrúen anacos de vida e morren sempre en acto de servizo comprometidos co traballo co que melloran o mañán inmediato pra todas as persoas do verbo. Despois de mañán vén outro mañán ó que han chegar suxos quen máis traballaron porque cada mañán fose mellor que hoxe.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: