09 Dec BLOGME TENDAL CCCLVIII: Falador
Ó ladiño da porta, asomas e tendes e saúdas a quen pasa, e falas e, o que non contas ti, xa o di o teu tendedeiro.
(Quen, por certo, di que vas apurada porque pra coller unha prenda que necesitabas arrombaches os calcetíns contra o estremo do tendedeiro e deixáchelos alí a sufrir! contra o tellado e o canalón. E con medo de que chova, que deixas o paraugas no tendedeiro.)
Sen comentarios