BLOGME TENDAL CCCLIX: Tendedeiro de traballo con fondo de festa.

16 Dec BLOGME TENDAL CCCLIX: Tendedeiro de traballo con fondo de festa.

Cando era pequeno usabamos a roupa vella pra nos disfrazar. Aquí a roupa vella é pra o que é, pra os traballos duros e sufridos, onde se deixa a suavidade das mans, a flexibilidade do lombo e a derradeira pegada da roupa como cousa de vestir antes de ser lixo.

A festa leva a roupa máis bonita, ainda que sexa de peor calidade, é máis aparente. Case sempre a felicidade trae a risa, outras é a risa quen trae a felicidade, igual que a roupa limpa

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: