Muller. Soa. Optimista. Extrovertida. Bailadora. Ridora. Disfrutona.
Tan expansiva que ao home só lle queda sitio para tres pezas de roupa. Que espabile!...
Se o mandilón estivese no centro, este tendedeiro sería un pret-a-porter:
Mandilón cubrindo o peito e un trapo en cada man limpando, limpando, limpando...
Dáme que están tendidos con mais xeito os calzóns que as bragas.
Porque están pinzadas xusto por onde máis aire e sol necesitan.
A ver se non tendeu ela...
Non sei para que é esa cousa longa de tea con forro. Pero os tendedeiros que só teñen roupa de muller, sempre me dan o aquel de convidala a algo. A unha conversa....
A roupa é espectadora descontinua da competición cotiá de coches a ir e vir por un circuíto non homologado pero regulado.
Un circuíto curioso por que non se lle coñecen liñas de saída nin metas finais. Só un ir e vir, este si, continuo, cíclico,...