BLOGMETENDAL DCCLXVII: Posiblemente

05 Xul BLOGMETENDAL DCCLXVII: Posiblemente

Posiblemente esta muller foi criada naqueles tempos duros nos que todo o feminino era culpable ou perigoso.

Posiblemente os primeiros tendedeiros os fixera seguindo o canon: a roupa pequena (a íntima, a que toca a pel, a que toca as partes do corpo … sensibles) agochadas atrás da roupa grande.

Posiblemente lembre a primeira vez que tendeu unha prenda íntima ó ventimperio, á vista dos demais.

Posiblemente pensou que pensarían dela por iso.

Só espero que non fose moi tarde esa primeira vez.

Posiblemente non ten ningún valor simbólico que esas prendas cadren xusto por riba do valado.

Todo está na mirada de quen mira.

Que culpa terá quen é mirada!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: