Non está a secar. Está a procura do sol, de luz.
Esta roupa miúda, poucas veces está ó sol. Do escuro do caixón levámola á nosa intimidade, escura.
Pegada a nós, malamente lle dá o sol cando se tende.
Velaí está, debruzada contra a verxa pedindo un...
Tanta corda para tender e as roupas pechas, ou debruzadas nunha triste varanda.
É como querer bailar e que non che deixen.
Co bonito que é deixarse levar polo aire!...