19 Xul BLOGMETENDAL DCCLXXIX: Discreción.
Dúas persoas distintas con algo en común. A discreción.
As dúas viven soas.
A de arriba é funcional, práctica, especializada. Calcetíns e toallas, maiormente. Roupa sufrida. Non se mestura con roupa externa nin delicada.
Cores discretas, quitando o calcetín branco… desparellado!
E a de abaixo é muller, chea de cor rechamante, alegría, extroversión… cara a fóra. A roupa íntima é de cor tan discreta coma a de arriba.
É unha nota de prudencia na alegría da roupa que se ve.
O medo latente, a posibilidade da agresión.
Oxalá ser feliz sen discreción!
Sen comentarios