E se non hai outro sitio non hai outro sitio. Pero a roupa ten que secar. A varanda da escaleira, a bicicleta! No airea ben, iso é evidente. O do lado é unha rúa cos seus coches (aínda que poucos) e coa súa xente...
A saber que sabor dan estes trapos ás noces. Non me acaba de resultar simpático. Máis ben paréceme unha ofensa. Non me parece mal que se use unha árbore para tender. Non. Unha árbore que dá froita para comer, non merece trapos de limpar,...
Había unha vez unha árbore nunha rúa dunha cidade. Estaba un pouco desorientada. Ó seu carón tiña máis árbores coma ela: pequenas, isoladas, afastadas unhas das outras, só podían falar a berros E non se pode manter unha conversa decente a berros e a...
O nunca visto. Un tendal nunha gaiola ca planta da envexa ó seu carón. Talmente a escenografia dun mago especialista na aparición e escamoteo de grandes paxaros: papagaios, tucáns, miñatos, aguias, voitres, pterodáctilos...
Co sol que lle cae, a roupa tendida non só escorre auga e humidade, escorre a sombra pola parede abaixo, mesmo as cordas van escorrendo e escorregando, igual chegan á verticalidade absoluta, igual que as sombras da roupa....