Author: Avelino González

BLOGME TENDAL CLI: Semiafrodisíaco

Non deixa de me chamar a atención a combinación dunhas poucas prendas íntimas femininas nun tendal. Non deixa de dispararme a imaxinación ó máis íntimo. Que maior intimidade que estar na túa casa deambulando en roupa interior ca vulnerabilidade de ser visto/a por quen...

BLOGME TENDAL CL: Branco inmaculado

Ben armado, Ca intimidade atrás. Branca inmaculada. As últimas cordas son virtude agora que a posibilidade do pecado é tan limitada. Inda ben que ese branco é luz se quer postreira. Esperemos, só, que cando puido, pecase...

BLOGME TENDAL CXLXIX: Tendedeiro de asistencia

Que roupa estraña. Eses mandilóns desacougan, lémbranme os dos tolos de Marat-Sade de Peter Brook. https://www.youtube.com/watch?v=RJc4I6pivqg Este tendedeiro ole a asistencia. Tecido doado de lavar, como doado ten que ser ese momento no que un asiste a quen asistíu cando o ciclo da infancia e a...

BLOGME TENDAL CXLVIII: Tendal preso

Pola liberdade dos panos de limpar! Fixeran o que fixeran seguro que está xustificado: están fartos de limpar a merda de outros. Coitados peitieiros da cociña, vasalos da miseria allea. Fartos de que os arrastren e espreman. Non merecen secar na cadea. Nunca! Merecen...

Alguén sabe algo destas figuras?

Velaquí as tedes. Están en Compostela, no principio do paseo polo Sarela, na marxe dereita. No canto de baixar polo paseo, colles un carreiro que sube á dereita que vai dar á estrada do Pedroso. Sorprendentes! E non teño nin idea de onde saen....