21 Dec BLOGME TENDAL CLIII: Comestible
Antes as macetas, as prantas, algunha de comer, e despois o que no tendedeiro tenden é un neceser de levar comida. Na arrecendente compaña das herbas que condimentan a comida. (que rico deben arrecender as roupas cando tendan)
Xente que traballa e come na empresa, nun deses comedores no que, se cadra, hai restaurante (ou rancho) se cadra, só unha máquina de parece-que-café, bebidas e lambonadas que fartan pero non alimentan, só distraen que che gustaría estar noutro sitio onde “comida” volvera a rimar con “vida”, e “vida” rimara con “creativa”. Como ten que ser. Cando menos, a alegría do deseño do neceser

Sen comentarios