BLOGME TENDAL CLII: Tristura de calcetíns

14 Dec BLOGME TENDAL CLII: Tristura de calcetíns

blogme 152

Que imaxe triste e anodina. Para unha vez que o calcetín está ca súa parella e non reconforta miralos. Afrontado un ó outro, distantes, non se falan, non se escoitan, non se entenden, non comparten. E é certo nunca comparten o pe, se tal intercámbiano. Non se sabe se os calcetíns feitos un á semellanza do outro teñen predilección por un dos pés, polo máis pequeno, polo máis grande (sabedes que somos felizmente asimétricos).

Sempre pensamos na soedade e desamparo do calcetín desparellado condenado ó exilio e ó desprezo aínda gozando de boa saúde. Pero a imaxe desta parella… un matrimonio de tantos sen nada que se dicir.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: